Piscis releva a Calucho como técnico do Sanxenxo

SANXENXO> Despois de tres anos ligado ó club, o padronés abandona Baltar de Arriba debido ós malos resultados acadados polo equipo na primeira volta do campionato. Jose Luís Unhía ‘Piscis‘ será o seu substituto.

O técnico do Sanxenxo, Calucho, foi cesado pola directiva. Unha decisión tomada de mutuo acordo entre ambas partes dada a mala traxectoria do equipo este ano na Terceira División, onde é último clasificado cunha única victoria en 19 partidos. O padronés deixa así o club de Baltar de Arriba tras tres anos ligado a el, nos que quedará para o recordo o histórico ascenso acadado o ano pasado en Nigrán.

A directiva xa ten atado ó seu substituto, que non será outro que José Luís Uhía ‘Piscis’. Ex técnico de Pontevedra B e Portonovo, e ex xogador tamén entre outros do Vilalonga, é un bo coñecedor da categoría.

Piscis será polo tanto o encargado de revertir unha situación moi complicada para o Sanxenxo que deberá facer unha gran segunda volta se é que quere salvar a categoría.

Redacción Salnés