SANTIAGO> A dirección xeral de Comercio pon en marcha unha nova edición da campaña ‘Este inverno presume de praceiro’.
{flowplayer}images/salnes/PRESUME_PRACEIRO_221211.flv{/flowplayer}
A primeira parte desta nova campaña para presumir de praceiro comezou o pasado doce de decembro e remata mañá co primeiro dos sorteos. Aínda que aqueles que perderan a oportunidade de participar, aínda está a tempo de entrar na segunda quenda. Desenvolverase entre o 9 e o vinte de xaneiro, xusto ó remate das festas nadaleñas. A intención da dirección xeral de comercio é seguir fomentando as compras nos mercados locais tamén despois das festas.
En cada sorteo repartiranse entre os clientes tres premios de 75, 50 e 25 euros en bonos para consumir no propio mercado. Os praceiros que reciban máis votos de confianza serán homenaxeados públicamente no mes de febreiro.
Redacción Salnés