“Non hai vontade política de ampliar o Hospital do Salnés”

     VILAGARCÍA> A deputada de AGE, Eva Solla, denunciou os compromisos incumpridos polo PP no tocante á ampliación do hospital

    {flowplayer}images/salnes/AgeDenunciaHospital_230513.flv{/flowplayer} 

    Tanto a deputada de AGE Eva Solla como o concelleiro de Esquerda Unida Ramón Bueno, criticaron a xestión que os populares están a facer con respexto ó Hospital do Salnés. Ambos escoitaron de boca dos representantes da Xunta de Persoal da Area do Salnés, as necesidades máis importantes que teñen arestora.

    Precisamente no tocante á ampliación do hospital tanto Solla como Bueno criticaron ó Partido Popular por non defender os intereses dos veciños do Salnés e por mentir ó dicir que o proxecto está parado pola existencia de cinco recursos contra esta obra.

    Dende AGE esixen a inmediata ampliación do Hospital do Salnés e que se solucione a precaria situación na que se atopa, tanto pola escaseza de servizos como pola de facultativos. Aseguran que levarán estos temas ó Parlamento para recibir unha respota inmediata por parte do goberno autonómico.

    Redacción Salnés