O executivo noiés sanciona a Eroski con máis de tres mil euros

multaeroski.jpgNOIA> A multa vén motivada polas obras de construción sen licenza dunha gasolineira na zona da Barquiña, xunto á súa área comercial.

{flowplayer}barbanza/multaeroski.flv{/flowplayer}

Segundo explicou o edil de Urbanismo, Bieito González, a firma iniciou hai varios anos a construción dunha gasolineira xunto á súa área comercial, na zona da Barquiña, sen dispor do correspondente permiso por parte do concello. A sanción económica ascende a uns 3.172 euros, unha cantidade que corresponde co 2% das obras realizadas no seu día.

Nova licenza

A sanción a Eroski prodúcese días despois de que se dera a coñecer tamén pola Xunta de Goberno Local da tramitación por parte da empresa dunha nova licenza de obra para a construción da dita gasolineira.

Redacción Barbanza