A CIG presenta un anteproxecto de convenio para a construcción

    xosexuanmelon_100_150307.jpgVILAGARCIA > A Confederación Intersindical Galega presentou esta mañá un anteproxecto do convenio colectivo da construcción. O Secretario…

    …nacional do sector da construcción, Xosé Xuán Melón, instou á patronal a iniciar unha mesa de negociación á que invita a CCOO e UXT. As demandas fundamentais do anteproxecto, a subida salarial, a duración da xornada, e o recoñecemento de incapacidade temporal.

    Xosé Xuán Melón, secretario nacional do sector da construcción da CIG explicou esta mañá os piares básicos do anteproxecto do convenio da construcción para a provincia de Pontevedra. O primeiro que salientou foi a necesidade de introducir unha suba salarial, xa que en relación ós sectores análogos, coma a carpinetría e o metal, o incremento na construcción foi só da metade en dez anos. Tamén falou da necesidade de estipular complementos de posto, xa que un oficial de primeira cobra só 40 euros máis que un aprendiz.

    Saúde

    En segundo lugar, demandou xornada contínua, alomenos no verán, para gañar en calidade de vida e por saúde e prevención de posibles golpes de calor. Por último, solicitan o recoñecemento da incapacidade temporal dos traballadores por enfermidades comúns.

    Este anteproxecto foi xa remitido á asociación provincial de empresarios da construcción de Pontevedra, que instou ós representantes da CIG a unha reunión o vindeiro día 28. A propia CIG, nembragantes, solicitará á patronal unha reunión previa á constitución da mesa de negociación, para explicar os detalles do anteproxecto. Dende a CIG instan ós outros grupos sindicais a que se unan á súa inciaitiva.

    Redacción Salnés