Vilagarcía lanza unha campaña para concienciar sobre a tenencia responsable de mascotas

VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía lanza unha campaña para sensibilizar a tenencia responsable de mascotas. Mediante diferentes exposicións e charlas, o goberno local e a protectora de animais queren loitar contra a falta de civismo dalgúns veciños. A policía local tamén colaborará aumentando a vixilancia para multar ás persoas que non recollan os excrementos dos seus animais.

O concello de Vilagarcía ponse en serio contra os veciños que posúen animais e que non manteñen un comportamento cívico cando as súas mascotas fan as súas necesidades na rúa. Para loitar contra estes comportamentos, o goberno local e a protectora lanzan unha campaña de concienciación.

A campaña está composta por exposicións, charlas, obradoiros e por un gran excremento inchable que simboliza a totalidade dos excrementos por día dos máis de 9 mil cans da vila.

Nas outras imaxes pasa o contrario. Os animais avergónzase do comportamento dos seus donos. Este comportamento incívico acaba pasando factura a outros veciños.

Para aumentar a importancia da campaña, o concello e protectora contan co apoio da policía local, que aumentará as vixilancias para multar a estes infractores.

A campaña volverá estar dispoñible na Praza de Galicia o vindeiro sábado, onde ademais terán lugar dous obradoiros, un deles de debuxo para os máis pequenos. O resto de días a exposición e o inchable mobilizaranse polas diferentes parroquias do municipio.