Poio amosará mañá a súa cara máis solidaria

POIO> Celébrase a I Xornada Deporte Solidario. Será no Pavillón Municipal onde se celebre unha auténtica festa do deporte na que o obxectivo é recadar xoguetes para as familias máis desfavorecidas do concello de Poio.

{flowplayer}images/salnes/DeporteSolidarioPoio_221211.flv{/flowplayer} 

O Casal de Ferreirós acolleu esta mañá a presentación da I Xornada Deporte Solidario, promovida polas concellerías de Deportes e Benestar Social de Poio e pola Asociación de Pais e Nais dos alumnos das Escolas Deportivas.

Baixo o lema “Xogo o teu xoguete”, trátase dunha tarde na que, ó redor do deporte, convídase ós asistentes a entregar un xoguete para que este logo sexa doado ás familias máis desavorecidas do concello de Poio. 

A xornada dará comezo ás 16:00 con partidos entre os alumnos das Escolas Deportivas de futbol sala. Ás 17:00 pasarán pola pista os de balonmán e ás 18:00 as rapazas de ximnasia rítmica ofrecerán unha exhibición. Logo, celebraranse partidos entre nais e pais dos alumnos ata as 20:15, hora no que comezará o sorteo de agasallos. Para os nenos: balóns, ou camisetas do Pontevedra e do Celta asinadas polos respectivos planteis. Para os maiores: unha fin de semana no Pazo de Almuzara, en Carballiño. Entrarán no sorteo todas aquelas persoas que entregue un xoguete para que sexa doado, que piden dende a organización, que estea en bo estado.

Redacción Salnés