BOIRO> A campaña solidaria en favor de Paula, a nena boirense que padece axenesia sacra, leva xa recadados cento dez mil euros.
{flowplayer}barbanza/agradecementospaispaula.flv{/flowplayer}
Paula sorrí ante ducias de flashes e xoga cos micros allea á expectación que esperta o seu caso. A campaña de recadación de fondos iniciada timidamente no seu Boiro natal transcendeu fronteiras e superou tódalas expectativas da súa familia e achegados. Polo momento, xa se superaron os 110 mil euros pero o seu tratamento, moi custoso, require máis fondos, ata 250 mil.
A nena foi operada o 8 de novembro en Alemania, onde prosegue co seu tratamento. Ata alí tivo que desprazarse toda a familia co consecuente trastorno da súa vida cotiá. Chus e Santi deixaron os seus traballos fixos e a súa casa para emprender este reto nun país extrano coa única esperanza de que a súa filla poida andar.
Dificultades
O camiño non está a ser doado posto que o descoñecemento do idioma dificulta a busca de traballo. Sen embargo, contan co apoio dunha familia galega residente no país xermano que lles avalou para alugar unha vivenda.
Sen apoio institucional
Todo o respaldo social de milleiros de persoas anónimas contrasta co abandono por parte das administracións que nin sequera lles facilitaron os servizos dun tradutor para coñecer a evolución da enfermidade da súa pequena.
O próximo un de xaneiro volverán a encher as maletas con forzas renovadas para seguir coa súa nova vida. Ó novo ano tan só lle piden esperanza para a curación da súa filla.
Redacción Barbanza