Afoga unha muller en Ribeira ó envorcar a súa embarcación

RIBEIRA> Ó parecer atopábase pescando na zona de Punta Couso coa súa parella, cando un golpe de mar envorcou a súa embarcación. Moi preto desta zona en Punta Couso, en Aguiño, foi onde os servizos de rescate recuperaron do mar o corpo dunha muller de 56 anos e veciña de Cacheiras, no concello de Teo. Ó parecer atopábase co seu home practicando pesca submariña, cando un golpe de mar provocou que envorcase a embarcación. A súa parella conseguíu chegar nadando a terra e pedir auxilio. Nese momento iniciouse un operativo de rescate no que interviñeron membros da Policía Nacional e da Local, Protección Civil, Gardacostas, unha lancha da Cruz Vermella e a embarcación de Salvamento Marítimo. Esta última foi a que recuperou o corpo xa sen vida da muller aboiando no mar. Os distintos medios que participaron no rescate intentaron reanimala, sen éxito. O cádaver foi trasladado ata o peirao de Ribeira e posteriormente ó anatómico forense para practicarlle a correspondente autopsia. As probas determinarán as causas do seu falecemento.