![]()
PONTEVEDRA> Os traballadores da Cidade Infantil Príncipe Felipe denuncian que ‘a Deputación intenta desmantelar o centro de día’.
{flowplayer}images/salnes/protestas_principe_felipe.flv{/flowplayer}
Un servizo de internado que arestora atende a uns 140 menores. Sen embargo, desde o organismo provincial, aseguran que só está a facer reaxustes na programación de Príncipe Felipe e non no presuposto que lle destinan, que ascende a 12 millóns de euros.
Os representantes sindicais dos traballadores de Príncipe Felipe reclaman á Deputación un convenio de colaboración coa Xunta para que a administración autonómica tamén contribúa ó financiamento da Cidade Infantil, e garantir así o seu futuro.
Ante esta posibilidade, o vicepresidente da Deputación José María Figueroa, insistiu no compromiso que ten o goberno provincial con Príncipe Felipe, pese a recoñecer que non lle corresponden a maior parte desas competencias.
Arestora en Príncipe Felipe traballan unhas 150 persoas. No internado hai 140 menores, no servizo de protección 170, entre 12 e 15 nenos pasan pola unidade de primeira acollida e en torno ó centenar están na gardería.
Redacción Salnés








