Malestar en Ribeira ante os constantes roubos nas instalacións portuarias

RIBEIRA> Os roubos nas instalacións do porto de Ribeira comezan xa a ser unha constante que se repite practicamente cada semana. Aparellos, marisco, gasolina ou calquera outro obxecto de valor son obxectivo frecuente dos amigos do alleo. Sen embargo, o último roubo ascendeu a preto de nove mil euros posto que subtraeron un motor dunha embarcación bateeira.

Ademais da reordenación dos pantaláns, a confraría leva tempo demandando a toma de medidas para incrementar a vixilancia posto que o porto está aberto e calquera pode acceder ás súas instalacións.

Tras comprobar a escasa efectividade das cámaras de video reclaman a incorporación de persoal de vixilancia, especialmente na quenda de noite, para evitar a visita dos cacos.