SANXENXO> A vítima responde ás iniciais de E.P.M. e tiña 43 anos. Ó parecer estaba pescando con cana nunha zona rochosa e, por causas descoñecidas, precipitouse ó mar.
{flowplayer}images/salnes/PESCADOR_FALECIDO_SANXENXO.flv{/flowplayer}
O home falecido responde ás iniciais de E.P.M. Tiña 43 anos e vivía no lugar da Revolta, en Noalla. Ó parecer atopábase pescando con cana nunha zona rochosa do entorno de Punta Corbeiro cando, por causas que se descoñecen, acabou precipitándose ó mar.
Varios particulares que se atopaban no lugar foron quen alertaron ó 112. Mentres chegaban os servizos de emerxencia, intentaron recuperar o corpo da auga. A forza coa que traballaba o mar xunto ó escarpado do terreo dificultaron as tarefas. Unha vez retirado cara as rochas, o helicóptero Pesca 1, mobilizado por Salvamento Marítimo, encargouse de rescatar o corpo do pescador e depositalo en terra.
O accidente producíase ó fío da unha da tarde e ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Médicas, Garda Civil e Protección Civil de Sanxenxo. Veciños e familiares foron chegando ó pouco ata zona, onde agardaron a se procedese ó levantamento do cadáver. Quedan agora por esclarecer as circunstancias nas que se producíu o accidente e se a morte se debeu a un afogamento.
Redacción Salnés