O Cortegada ficha a Aitana Cuevas, procedente do Adba

VILAGARCÍA> Trátase dunha ala-pívot de 25 anos que rescinde o seu contrato co Adba de Avilés. Chega para reforzar ó equipo de Pepe Vázquez despois da baixa de Ernie Williams.

O Cortegada anunciou esta tarde a contratación de Aitana Cuevas. Sonaba xa nas últimas horas o nome desta xogadora como posible reforzo do cadro vilagarcián e contra as 13:30 confirmouse a nova.

Aitana Cuevas xogou no Adba un gran primeiro treito de temporada, promediando uns fantásticos 13 puntos e 9 rebotes por encontro en pouco máis de 26 minutos de sobre a pista.

Unha fichaxe polo tanto que reforza ben ó equipo despois da marcha de Ernie Willaims a comezo de semana. É unha xogadora dun perfil diferente, non tan atlética pero con máis presencia no xogo interior grazas en parte ó seu 1,87 metros de estatura.

Cuevas incorporarase ós adestramentos do Cortegada o 2 de xaneiro.

Redacción Salnés