Condes de Albarei celebra os 30 anos mirando cara o futuro

VILANOVA> Condes de Albarei conmemorou os seus trinta anos de historia en familia. A adega congregou en Pazo Baión a pouco menos dun milleiro de persoas para celebrar o aniversario do proxecto da cooperativa, que nacía o 16 de xullo de 1988. Dos pouco máis de 100 viticultores que deron forma á adega, na actualidade máis de 400 familias integran Condes de Albarei.

Corría o 16 de xullo de 1988 cando pouco máis de 100 viticultores fixeron de xermolo do que hoxe en día é unha das cooperativas vitivinícolas máis importantes de Galicia. Actualmente, máis de 400 familias forman parte de Condes de Albarei, e este luns celebraron por todo o alto o seu aniversario.

O escenario escollido foi Pazo Baión, propiedade que cumpre unha década baixo a titela de Condes de Albarei. A finca é un símbolo de enoturismo a nivel de todo o estado. A cooperativa, pola súa banda, é un exemplo de economía produtiva e de cooperativismo.

Preto dun milleiro de persoas asistiron ao especial aniversario. Entre todos, destacaron os doce socios premiados, que dende 1998 representaron os diferentes consellos reitores que dirixiron o proxecto de Condes de Albarei.

A actual presidenta, Dolores Calvo, estivo entre os socios recoñecidos durante o acto. Quixo botar man do ilustre escritor Álvaro Cunqueiro.