SANTIAGO> Hai máis movementos na Xunta de Galicia. Trala marcha das Consellerías de Sanidade e Facenda, hoxe o Presidente, Alberto Núñez Feijóo,…
{flowplayer}images/salnes/cambios_goberno_feijoo.flv{/flowplayer}
… deu conta de novos cambios no executivo autonómico que pasa pola reducción doutros dous conselleiros: o de Cultura, Roberto Varela e o de Medio Rural, Samuel Juárez, que en breve ocuparán outros cargos. Este é momento no que o Presidente daba conta dos novos nomes e cargos que conformarán o goberno autonómico.
Tal e como asegurou o presidente galego esta remodelación, máis aló dun mero cambio de titulares, é unha medida de austeridade para loitar contra a situación excepcional que está a vivir o País.
Os dous Conselleiros saíntes, o titular de Medio Rural, Samuel Juárez, e o de Cultura, Roberto Varela, ocuparán cadanseu cargo presuntamente vencellado ó goberno central. Todo apunta a que Juárez podería ser o novo Delegado do Goberno en Galicia.
Redacción Salnés