En Marea levará ao Parlamento as deficiencias de seguridade na PO 308

    SANXENXO> A deputada de En Marea no Congreso, Ángela Rodríguez, e o deputado no Parlamento, Marcos Cal, mantiveron este martes unha xuntanza coa Plataforma PO 308 para tratar os diferentes problemas de seguridade que ten esta vía, que vai dende Pontevedra ata o Grove. A falta de seguridade na PO 308 marcou de por vida a de Azucena Rodas. Esta moza, veciña de Raxó, libra a súa batalla particular dende que no 2014 un vehículo atropelase a súa nai causando a súa morte. Esta poiense teno claro, necesítase máis seguridade nesta vía. Unha demanda que chega despois do dramático atropelo de dous ciclistas este domingo, no que un deles faleceu. Estas circunstancias motivaron o encontro que este martes tivo lugar en Sanxenxo, e no que participou a deputada no Congreso por En Marea, Ángela Rodríguez, quen afirmou que se necesita unha vía opcional a PO 308. Ademais tamén estivo presente o deputado autonómico Marcos Cal e representantes da asociación Pedaladas de Pontevedra, dende onde tamén se solicitan melloras nesta autoestrada, relacionadas coa seguridade. Unha xuntanza na que ademais se tratou a posibilidade de que a problemática de esta autoestrada sexa levada ao Parlamento Galego. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/11/en_marea_sanxenxo_denuncia_po-308_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/11/en_marea_sanxenxo_denuncia_po-308.mp4{/flowplayer}