Sae ó prelo un novo fanzine creado por ilustradores galegos

    sinonimosdelucro_100_260809.jpgVILAGARCÍA> ‘Sinónimos de Lucro’ estréase con cómics, e poderá adquirirse en librarías especializadas de Ribeira, Pontevedra, Vilagarcía e A Coruña.

    {flowplayer}images/salnes/fanzine.flv{/flowplayer}

    Sinónimos de Lucro. Así se titula o novo fanzine galego presentado en Vilagarcía. Detrás desta publicación están un grupo de mozos que se coñeceron na Escola de Arte. David Buceta, Gabriel Iglesias, Borja Gutiérrez e Ángel González son algúns dos autores que presentan os seus traballos no fanzine. Os seus creadores manteñen a publicación aberta a colaboracións.

    O fanzine estréase con cómics. Ángel González fai unha parodia do mundo paranormal, David Buceta presenta a un polo hipermusculado que loita contra unha praga de aves mutantes, Gabriel Iglesias achegará cada número as peripecias dun personaxe durante a segunda guerra mundial, e David Braña e Fran Frejanes contan a historia dun pobo con zombis guapos e cun heroe feo. Tamén hai ilustracións como as de Borja Gutiérrez,e entrevistas. Neste número, o fanzine falou con Rob Schrab, nominado a un Emmy polo seu traballo no show de Sarah Silverman, e tamén con Guillermo Carandini. Ademais reservan un espazo par dar a coñecer a outros creadores, como Violeta, autora de cómic erótico.

    Todo isto en 48 páxinas e por un prezo de dous euros. Deste primeiro número publicáronse 200 exemplares que se poden adquirir en librarías especializadas de Vilagarcía, Ribeira, Pontevedra e A Coruña. A intención dos autores é sacar o segundo número en seis meses.

    Redacción Salnés