![]()
CAMBADOS> A Mancomunidade do Salnés presentou esta mañá en Cambados, un proxecto de promoción do cooperativismo entre a xente nova.
{flowplayer}images/salnes/COOPERANOVA.flv{/flowplayer}
O proxecto pretende mostrar o cooperativismo como unha fonte de emprego. Vai dirixido a persoas de entre 15 e 19 anos. En Cooperanova participan 7 concellos da comarca, excepto Cambados e O Grove. Está previsto que más de 270 alumnos participen no proxecto.
O plan Cooperanova lévase a cabo a través da empresa EOSA. Esta sociedade de estratexia e organización, puxo en marcha este proxecto de formación como unha experiencia piloto, pero foi moi ben acollida polos institutos da comarca. No taller de cooperativismo haberá 50 alumnos cada día, con temarios divididos entre a teoría e a práctica.
Ademais das exposicións darase ós alumnos material informativo mediante blogs e usb de temas xurídicos e consultas de formación de cooperativas.
Cooperanova está financiado pola Consellería de Traballo con máis de 18.000 euros e pola Deputación con 4.000.
Redacción Salnés








