O Arosa, líder tras vencer ó Ourense B

arosa250 copia.jpgVILAGARCÍA> Tres a cero para os de Lino González nun partido precedido da polémica marcha de Álex Mañas e no que o adestrador tivo que botar man de dous xuvenís para completar o once inicial.

{flowplayer}images/salnes/PREFERENTE_090112.flv{/flowplayer}

O Arosa ocupa desde onte o primeiro posto da Preferente Sur logo de vencer a un Ourense B que amosou por momentos máis vigor e xogo que o conxunto vilagarcián. Sen Álex Mañas, que segue sen incorporarse ó equipo, e con dous xuvenís no once inicial, os de Lino González abrían o marcador no minuto 33 despois de que o colexiado Álvarez Calderón pitara un penañti cando menos dubidoso, que Camiño transformou en gol. O seguinte tanto chegaría á volta do descanso, obra de Eloy, que xogou na banda ocupando o oco deixado por Mañas. Ricardo encargaría de sentenciar o encontro a 12 minutos do final. Tres goles por tanto que lle valeron ó Arosa ascender ó primeiro posto da clasificación a pesar de asinar un encontro bastante gris fronte ó colista.

Tampouco o Portonovo estivo onte acertado. Os de Luis Casais desprazáronse ata o campo do Nigrán para asinar un encontro no que loitaron en todo momento pola vitoria e no que finalmente se tiveron que conformar cun empate a uns que sabe a pouco e que os deixa con 26 puntos no posto oito da táboa. Máis arriba están Céltiga e Ribadumia, protagonistas do derbi da xornada que se adiantou ó venres. Tres a tres para os conxuntos do Salnés que os deixan terceiros ó da Illa e quintos ós de Ribadumia, con tan só un punto de diferenza entre eles.

Xornada na Terceira

Na terceira tanto Vilalonga como Xuventú Sanxenxo cumpriron un bo papel e pecharon a primeira xornada do ano con sendas vitorias. Piscis non puido ter mellor estreo como adestrador do Sanxenxo e o seu equipo conseguíu anotar onte dous goles como visitante fronte ó Cultural Areas. Diego Blanco e José Ángel foron os autores dos tantos que lle permitiron ó Sanxenxo sumar tres novos puntos moi necesarios. Quedan con once na xeral, pero seguen como colistas. arriba, no once, sitúase o Vilalonga. Recibiu onte ó Racing Club de Ferrol ó que vencía pola mínima. O gol, obra de Saúl, chegaba no minuto 24 de partido. Un tanto que afasta ós ferrolanos da carreira polo ascenso.

Redacción Salnés