VILAGARCÍA> Os vendedores de peixe e de productos cárnicos iniciaron esta mañá o seu traslado ós novos postos da praza de abastos.
{flowplayer}images/salnes/traslado_postos_praza_vilagarcia.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Os vendedores de peixe e de productos cárnicos iniciaron esta mañá o seu traslado ós novos postos e probaron os sistemas de pesado, conexións eléctricas e de fontanería.
A idea é que mañá despachen xa a súa mercancía nunhas instalacións que, pouco a pouco, lles van convencendo.
Esta mañá tamén se repartiron os postos da nave que abandonan as peixeiras, que será ocupada de xeito provisional os martes e sábados, días de mercado, polas vendedoras de verdura que se viñan instalando no exterior.
Algo co que discrepan os concesionarios da praza que venden a diario verduras, hortalizas e flores, instalados na nave central, á que se accede por escaleiras e por unha rampla moi empinada. Finalmente déronlles opción a vender só os días de mercado na antiga nave do peixe, o que aceptaron catro concesionarios, ou no seu actual posto toda a semana.
O Concello inaugurará o venres de xeito oficial a nova praza.
Redacción Salnés