Pleno de victorias para Echegoyen na segunda xornada

VILAGARCÍA> Continúa a disputarse o Campionato de España de Match Race. Despois de dúas xornadas de competición a regatista do Liceo Casino Támara Echegoyen presentase como a mellor española e segunda na xeral, tan só superada pola rusa Skudina.

{flowplayer}images/salnes/MatchRace_110311.flv{/flowplayer} 

Gran xornada para os intereses de Támara Echegoyen no Campionato de España de Match Race que se está a celebrar en Vilagarcía. A regatista do Liceo foi quen de impoñerse nos seus cinco enfrontamentos para colarse segunda xeral con nove victorias en dez regatas. É a mellor española e tan só ten por diante a actual campiona de Europa, a rusa Ekaterina Skudina. 

O conxunto liderado por Echegoyen e do que forman parte tamén a coruñesa Sofía Toro e a asturiana Ángela Pumariega, colócanse como a mellor baza española para levarse a victoria. Menos fortuna está a ter Marga Cameselle, que mantense en metade de táboa, mentres que a catalana Silvia Roca tamén apunta ás semifinais que se celebran mañá.

As catro mellores embarcacións comezarán a xogarse o título mañá pola mañá nunha intensa xornada na que tamén se disputará a final.

Redacción Salnés