Mariscadores críticos integrarán unha lista alternativa a Santiago Cruz

listaalternativaconfrarianoia100.jpgNOIA> Un grupo de mariscadores da confraría de Noia conformará unha lista alternativa á encabezada polo actual patrón maior, Santiago Cruz.

{flowplayer}barbanza/listaalternativaconfrarianoia.flv{/flowplayer}

Os mariscadores que traballan na organización da candidatura alternativa celebraron unha xuntanza para comezar a dar a coñecer o seu proxecto que se basea fundamentalmente nunha maior transparencia e mellor organización, contando coa opinión dos traballadores na toma de tódalas decisións.

Ademais de incrementar a produtividade, apostan por un maior control na normativa, especialmente nas medidas obrigatorias dos rastros e no pesado xa que na actualidade só contan con máquinas que pesan de quilo en quilo, sen ter en conta os medios.

Mellora comercialización

A loita contra o furtivismo e a contaminación constitúe outro dos eixos do seu programa unido a unha mellora na comercialización dos produtos.

Esixen ademais unha maior información sobre a actividade do criadeiro de semente do Freixo xa que, din, actualmente apenas se aportan datos sobre a súa produción.

Redacción Barbanza