Os actos relixiosos de Santa Rita adáptanse á crise do coronavirus

VILAGARCÍA> Día de Santa Rita, en Vilagarcía, marcado pola crise do coronavirus. Os actos relixiosos previstos para esta xornada no convento de Vista Alegre adaptáronse a un protocolo de seguridade, acordado polas Madres Agustinas e o Concello vilagarcián,  para evitar posibles contaxios.

A habitual imaxe do santuario ateigado de fieis mudou hoxe por estoutra, cun aforo moi reducido. O plan contempla unha capacidade máxima de 61 persoas. Para acceder é necesario, ademais, dispoñer dun ticket.

Dentro do santuario tamén se elaborou un reparto dos espazos para garanti-la distancia mínima entre as persoas. En cada banco só puideron sentar dúas fieis .

En tódolos actos, é obrigado o uso de máscara en todo momento e os asistentes non poden levan ningún tipo de ofrenda ou candeas.
Ademais, despois de cada oficio, os bancos son desinfectados. Estas imaxes, por exemplo corresponden á misa das 9 desta mañá.

A pesar da excepcionalidade do momento, os actos relixiosos poden celebrarse con normalidade.

Unha das consecuencias da pandemia da COVID-19, é a cancelación da multitudinaria procesión, que este ano tivo que quedar na casa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí