Mozos de Sanxenxo aprenden a elaborar perfumes artesanais

SANXENXO> En Sanxenxo, os rapaces doutro instituto viviron hoxe unha xornada chea de bos arrecendos. Máis de 60 alumnos do centro participaron nun obradoiro de elaboración de perfumes artesanais.

Algo cheira ben no IES de Sanxenxo. E non é para menos, porque entre flores, froitas e chocolate, os rapaces do instituto elaboraron hoxe os seus propios perfumes. Foron feitos de xeito artesanal, seguindo meticulosamente os pasos, calculando as medidas e as proporcións ata obte-lo mellor dos resultados.

As técnicas de elaboración de perfumería veñen de antigo e hoxe estes mozos descubriron a fonda cultura dos arrecendos que, mesmo tivo a súa época de explendor na Península Ibérica en tempos dos musulmás.

 

Como ven, todo produtos da casa e moi doados de adquirir. Esa era, precisamente, a base desta actividade. Como recompensa, os rapaces puideron levar para a casa a súa creación. Como non en frasco pequeno, como ten que ser cos bos perfumes.