Preocupación ante o incremento dos ataques dos lobos

ataqueslobosbaronha.jpgPORTO DO SON> Nos últimos dous meses foron preto de trinta as reses que resultaron mortas polas feras.

{flowplayer}barbanza/ataqueslobosbaronha.flv{/flowplayer}

Non é a primeira vez que isto acontece. Están fartos de denunciar ante Medio Rural os ataques dos lobos ó seu gando, sen que por parte do Departamento Autonómico se faga nada por remedialo. Aínda así a situación nos últimos meses veuse agravada considerablemente con preto de trinta poldros mortos.

Esta situación, con ataques constantes ás súas reses, está a provocar que moitos propietarios de gando deixen de ver rendible este traballo.

Batidas

Para os membros da comunidade de montes de Baroña a única solución ó problema serían as batidas, pero estas están prohibidas, xa que os lobos atópanse protexidos, ó ser unha especie en perigo de extinción. Esta circunstancia fai que os depredadores campen as súas anchas pola Serra do Barbanza.

Redacción Barbanza