Dous detidos por diversos roubos frustrados en Rianxo

    roubosrianxo.jpgRIANXO> Trátase de dous mozos da localidade que contan xa con antecedentes policiais anteriores por causas similares.

    {flowplayer}barbanza/roubosrianxo.flv{/flowplayer}

    Trátase de S.V.H., de 32 anos, con varios antecedentes policiais e que, segundo sinalaron fontes da propia investigación saiu hai poucos meses de prisión, e J.H.R., de 24, tamén con antecedentes aínda que ningún por roubo.

    Os intentos de roubo tiveron lugar na noite do pasado luns e na madrugada do martes. O primeiro deles realizárono neste supermercado do Araño. Os propietarios do mesmo puideron sorprender ós dous mozos co rostro tapado no interior da tenda intentando levarse a caixa rexistradora do negocio.

    Operativo busca

    Aínda que un deles se deu á fuga, puideron reter ó outro, coa axuda tamén doutros veciños, ata a chegada da Garda Civil e a Policía Local, que posteriormente estableceron un dispositivo de seguridade para dar co paradoiro do outro fugado.

    Disposicicón xudicial

    Os dous detidos xa pasaron esta mañá a disposición xudicial.

    Redacción Barbanza