Formoso afirma que o futuro do PSdeG pasa por Besteiro

BARBANZA> O Secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, mostrou hoxe en Rianxo o seu apoio ó candidato José Ramón Gómez Besteiro co que a formación concorreu ás eleccións autonómicas o pasado domingo.

Segundo el a aposta dos socialistas debe seguir sendo por Besteiro, como deixou claro na reunión da executiva autonómica de onte á tarde.

Aínda así, Formoso non descarta cambios na formación de cara a conseguir un maior fortalecemento do partido, tratando de analizar os erros cometidos nestes comicios para poder evitalos no futuro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí