O concello rianxeiro asumirá as facturas pendentes dos desafiuzados

    pagofacturasnecesitadosrianxo.jpgRIANXO> Está previsto a constitución dunha comisión municipal que estudará a verdadeira realidade de cada caso.

    {flowplayer}barbanza/pagofacturasnecesitadosrianxo.flv{/flowplayer}

    Nun claro paso adiante en favor dos máis necesitados, o executivo rianxeiro ten previsto axudar a aquelas familias do municipio que estean en risco de seren desafiuzadas co pagamento das facturas que teñan atrasadas. A medida, a primeira deste tipo que se toma por parte dos concellos da zona, súmase xa a outras en favor destas persoas que están a sufrir os efectos negativos da crise, como é a aprobación en pleno dunha moción pola dación en pago, así como que os policías locais non participen en ningún desafiuzamentos dos que se realicen no municipio.

    Comisión Municipal

    Aínda así o rexedor rianxeiro sinalou que a medida non será estendida a tódolos casos, polo que se creará unha comisión municipal que se encargará de estudar pormenorizadamente cada expediente.

    Dende o executivo rianxeiro van máis alá ó sinalar que tamén lle notificaron a tódalas entidades bancarias coas que traballa actualmente o concello a que, na medida do posible, traten de chegar a un bo entendemento e ser solidarias con aquelas persoas coas que teñen hipotecas.

    Aínda así Adolfo Muíños quéixase de que a medida non chegara antes e non puidera axudarse a outras persoas que desafortunadamente xa perderon a súa vivenda.

    Redacción Barbanza