Unhas 1.500 persoas participaron onte na III Xuntanza dos Maiores en Ribeira

    festaterceiraidaderibeira_170807.jpgRIBEIRA O xantar estivo organizado pola concellería de Igualdade e Acción Social que dirixe María Esther Patiño.

    Éxito total de organización. Así se pode defini-la xuntanza dos maiores que se celebrou onte domingo en Ribeira, xa que o número de persoas que participaron no convite ascendeu a preto das 1.500. O xantar, que se desenvolveu no recheo portuario, nunha carpa instalada para a ocasión a carón do Club Náutico, estivo presidido polo alcalde, Xosé Luís Torres Colomer, e nel participaron tamén ademais doutras autoridades locais, o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, o deputado autonómico do PP Manuel Ruíz, ou os fillos adoptivos da cidade, Magdalena Bringas e Ramiro Carregal.

    O espazo estivo totalmente acondicionado e os maiores ribeireses disfrutaron dunha suculenta comida servida polo restaurante Chicolino, nun menú composto de nécoras, boi, langostinos, pescada e carne asada, no que non faltaron os postres. Durante a festa tamén houbo música coa actuación do grupo de gaitas “O Pichote” de Palmeira, a orquestra “Los Trobadores” e a solista Mariú. Como en edicións anteriores houbo tamén un concurso de baile con diferentes premios para os gañadores.

    Redacción Barbanza