‘Nese momento pensei que me ía caer o barco enriba’

    carlos_Carballa_cruceirocopy.jpgPORTONOVO> Deste xeito lembra Carlos Carballa, un dos pasaxeiros do cruceiro ‘Costa Concordia’, o momento no que abandonou o buque.

    {flowplayer}images/salnes/NAUFRAXIO_EMPRESARIO_PORTONOVO.flv{/flowplayer}

    Esta mañá tivemos a oportunidade de manter un encontro cun dos 177 españois pasaxeiros do cruceiro ‘Costa Concordia’ que o pasado venres encallou fronte á illa italiana de Giglio. Falamos de Carlos Carballa, veciño de Portonovo. Xunto a el revivimos os seus últimos momentos no buque, grazas, en parte, ó medio centenar de imaxes que conseguiu inmortalizar coa súa cámara fotográfica. `

    Hoxe Carlos Carballa, máis coñecido como Carramón, remataría a súa viaxe de luxo no cruceiro ‘Costa Concordia’, despois de oito días de navegación. O que nunca se imaxinaría é que as súas vacacións rematarían tres días antes por mor dun accidente no buque.

    Segundo nos relatou, el estaba cenando cando sentiron un forte golpe. Nun primeiro momento dixéronlles que era un fallo eléctrico ata que tempo despois lles comunicaron que tiñan que subir ós botes salvavidas.

    Debido a que estaban preto da costa, os botes volvían para recoller máis pasaxeiros. Nun deles subiu Carlos despois de que no que lle tocou subir quedase encallado. Eses foron os peores minutos xa que por un instante, explicounos, pensou que o buque lles ía caer enriba.

    Este supervivente tamén nos confesou quedesde un comezo lle estrañou que estivesen navegando tan preto da costa. E foi, ademais, só o persoal de servizos o que axudou á tripulación a abandonalo barco. Costa Cruceros, a empresa organizadora da viaxe, xa recoñeceu, a través dun comunicado, que o accidente se debeu a un fallo humano, segundo as primeiras investigacións.

     Aínda que Carlos tivo sorte, e a maioría da tripulación, 16 persoas seguen desaparecidas. Polo de agora, os equipos de rescate abandonaron a busca.

    Redacción Salnés