Sanxenxo crea a campaña “Mar do que imaxinas” para potenciar o turismo na tempada baixa

SANXENXO> Os hostaleiros de Sanxenxo lanzan a campaña “Sanxenxo mar do que imaxinas”. Un programa destinado a aumentar o turismo na vila durante a tempada baixa. Realizarase a través de internet e busca atraer aos visitantes do resto de Galicia, de Asturias, Castela León, Madrid e Portugal.

Sanxenxo é moito máis que sol e praia. Na tempada baixa tamén se pode gozar na capital turística de Galicia. Para mostra todo o seu potencial, o Consorcio de Empresarios Turísticos da vila en colaboración co concello e a Xunta lanza a campaña “Sanxenxo, mar do que imaxinas”.

O programa está enfocado a internet e aos visitantes do resto de Galicia, de Portugal, Asturias, Castela León e Madrid.

Dende o concello agardan que con estas campañas se poda chegar aos 500 visitantes en tempada baixa.

A campaña é importante para poder manter as grandes cifras de visitantes durante todo o ano e beneficiar así, tanto á vila como ao resto de concellos da contorna.

A campaña divídese en catro puntos principais: Natureza, gastronomía e enogastronomía, benestar e experiencias. Unha ampla variedade para poder gozar de todo o que oferta Sanxenxo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí