![]()
CAMBADOS> Isto esgrimiuse do estudo inicial que foi presentado esta mañá polo Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra.
{flowplayer}images/salnes/PARCELARIA_OUBINA_270812.flv{/flowplayer}
Unhas corenta hectáreas é o perímetro inicial afectado na segunda fase da concentración parcelaria da parroquia de Oubiña. Así o informou esta mañá o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra na súa visita a Cambados para dar conta dos avances nesta etapa tralo primeiro proceso concluído no 2008. O dato esgrimiuse dos estudos iniciais, previos ó ambiental.
Estes trámites agárdase conclúan este ano. O perímetro delimitado, que non contempla núcleos rurais, atoparíase enclavado entre as zonas de concentración de Tremoedo e Oubiña Primeiro Sector. Segundo Tourís trátase dunha demanda veciñal á que agora lle van dar unha solución.
Con todo, o Delegado Territorial subliñou que no que vai de lexislatura a Consellería do Medio Rural e do Mar investiu en Cambados máis 1’5 millóns de euros.
En canto á concentración parcelaria de Oubiña, Tourís rematou confiando en que o vindeiro ano estea decretada.
Redacción Salnés









