A Casa do Mariñeiro será un espazo creado por e para os portonoveses

casamarineira copia.jpg SANXENXO> A rehabilitada Casa de Don Fernando contará cun punto de venda de artesanía e un local no que impartir obradoiros sobre a materia.

{flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_CASA_MARINEIRA_PORTONOVO.flv{/flowplayer}

O Proxecto Casa Mariñeira Don Fernando é xa unha realidade da que poden gozar tódolos portonoveses e os turistas que se acheguen ata a parroquia sanxenxina. Custou levala adiante, como sinalou durante a súa inauguración a alcaldesa Catalina González. Despois de conseguir os terreos e o inmoble, o goberno local tocou varias portas para acadar máis financiamento. A Consellería do Medio Rural e do Mar aportou a través do Grupo de Acción Costerira da ría de Pontevedra parte dos cartos para remodelar a fachada e a cuberta do edificio. A Deputación de Pontevedra encargouse de sufragar a rehabilitación do interior, e a Dirección Xeral de Comercio puxo o último gran de area para crear un punto de venda e formación en artesanía galega.

Pero esta é tamén unha obra dos veciños. A Asociación Amigos da Dorna cedeu a embarcación que se pode observar no interior do edificio e un particular a do exterior. As redeiras tamén se están a mobilizar para poñer en marcha o punto de venda de artesanía, espazo que tamén acollerá obradoiros de formación para obter a carta de artesán.

Tódolos asistentes á inauguración coincidiron en salientar o reclamo turístico que suporá este edificio. Un museo mariñeiro que se irá construíndo entre os propios veciños.

Redacción Salnés