Aparace morto nas Sinas un mariñeiro xubilado

    VILANOVA> O falecido é Joaquín Bugallo, de 74 anos. Aínda se descoñecen as causas que desencadearon a traxedia.

    {flowplayer}images/salnes/AfogadoPraiaSinas_141112.flv{/flowplayer} 

    Pasadas as 12:20 o servicio de Emerxencias 112 recibía a alerta. Tratábase de Joaquín Bugallo, un home de 74 anos e veciño da zona que faleceu logo de caer ó mar na praia das Sinas, na zona coñecida como a ‘Curva do Caramuxo’.

    Non houbo testemuñas presencais dos feitos polo que as causas da morte non se desvelarán ata que se realice a autopsia. As principais hipóteses son dúas: ben precipitouse ó mar logo de esvarar nas rocas polas que paseaba e afogou ou ben a morte producíuse por un paro cardíaco previo á esa caída.

    O finado era moi coñecido na zona por ser home de mar. De feito, veciños e familiares que se achegaron ata o lugar do suceso, apuntaban que o paseo que realizou hoxe o practicaba a diario, e que era un bo coñecedor da zona.

    Ata o lugar trasladáronse efectivos de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil así como do 061, que á súa chegada nada puideron facer por reanimar á víctima. Contra 14 horas  o xuíz ordenaba o levantamento do cadáver.

    Redacción Salnés