Un paso máis para que Feiraco se faga coa fábrica de Clesa

    fotodecisionclesacopia.jpgCALDAS> Tras meses de espera, finalmente a administración concursal dixo si á oferta de Feiraco para facerse coa planta.

    {flowplayer}images/salnes/DecicionComisionClesa170112.flv{/flowplayer}

    Consideran que a factoría custa máis do que ofrece Feiraco pero ó non haber máis propostas dana por boa. Ábrese agora un período de alegacións e agárdase que en poucos días o xuíz tome xa unha decisión definitiva. Fíxose agardar pero finalmente chegou.

    O prazo límite que tiñan os administradores concursais para decidir si aceptaban ou no a oferta de Feiraco remataba onte e, desta vez, non houbo retrasos. A administración concursal considera que a planta de Caldas vale máis que os 10.200.000 euros que ofrece Feiraco pero deciden aceptar a súa oferta ó ser a única que se presentou.

    A comisión de seguimento do concello reuniuse este mediodía, pouco antes de que se coñecera o contido do informe dos administradores concursais. Aínda así amosaban xa o seu optimismo ó entender que xa solo con presentalo se dá un paso máis cara a resolución do conflito, a decisión queda agora única e exclusivamente en mans da xustiza.

    O alcalde, pola súa banda apelou á sensibilidade dos xuíces e dixo estar seguro de estar a traballar na dirección correcta. E na mesma dirección foron as palabras do grupo popular e de Independentes, convencidos de que o fin deste conflito, que comezara fai case un ano en febreiro do 2011, está a piques de chegar.

    Tamén está ó tanto de toda a situación o Conselleiro de Industria, Javier Guerra que amosou dende o principio o seu compromiso coa factoría de Caldas.

    Hai que recordar que Feiraco se comprometera a manter á totalidade da plantilla de Clesa, ós 125 empregados, sen descartar a posibilidade de aumentala nun futuro ó comezar a producir tamén natillas e iogures de froitas.

    Redacción Salnés