Expoferta terá un 10 por cento menos de expositores polas inundacións

    expofertasofiabeiras100_200707.jpgVILAGARCÍA > Expoferta Zona Aberta abrirá ás súas portas en Fexdega, Vilagarcía, do 22 ós 26 de agosto. E farao cunha imaxe …

    … máis innovadora na montaxe e nos carteis do salón.

    expoferta200_200707.jpgAs inundacións do pasado outono en Vilagarcía e os danos ocasionados no comercio fixéronse sentir na terceira edición de Expoferta Zona Aberta. Do 22 ó 26 de agosto tan só medio centenar de establecementos do centro comercial aberto se instalarán en Fexdega. De todos xeitos, a oferta seguirá sendo variada, e o número de stands é semellante á primeira edición. Sofía Beiras destaca ademais que os productos que terán á venda son frescos, posto que poucas tendas lograron recuperar o stock tralas riadas.

    En canto a servizos, dixo que traballan nunha novidade para os nenos, que seguirá o salón de peiteado e o restaurante, e que Caixa Galicia instalará en Fexdega unha oficina. Pero, sobre todo, haberá un cambio de imaxe, nos carteis e na montaxe do salón. O horario será similar a edicións pasadas, de 6 a 11 da noite entre semana e de 11 da mañá a 10 da noite na fin de semana.

    Redacción Salnés