Os eventos da Cidade Europea do Viño 2017 arrancan cunha gala moi emotiva

    CAMBADOS> Cambados viviu o pasado sábado o inicio do programa de actividades deseñadas para conmemorar o seu nomeamento como Cidade Europea do Viño 2017. A gala de presentación que finalmente tivo que celebrarse no Salón Peña, por mor do tempo, e non en Fefiñáns como inicialmente estaba previsto, cumpriu todas as expectativas do executivo da vila, como así nolo explicou o edil de Enoturismo, José Ramón Abal. O pasado sábado celebrouse a Gala Inaugural de Cambados Cidade Europea do Viño 2017. Unha celebración que por mor da inestabilidade meteorolóxica tivo que celebrarse no Salón Peña da localidade, e non na praza de Fefiñáns, como estaba inicialmente previsto. Un cambio que diminuíu o aforo de público pero non desmereceu o espectáculo, tal e como comentaba o edil de Enoturismo, quen destacou que foi unha gala moi emotiva. Unhas 800 persoas gozaron coa música e a tradición que se entrelazaron en Cambados para facer as delicias das delegacións procedentes de outras cidades con tradición vitivinícola. Sen dúbida un bo arranque de programa que se completará cunhas 80 actividades relacionadas co mundo do viño, que se celebraran durante todo o ano na Cidade Europea do Viño 2017. A seguinte parada do programa; un curso de gastrosexoloxía e un congreso de enólogos que se celebrarán ambos o vindeiro venres e sábado, respectivamente. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/27/gala_cidade_europea_do_vino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/27/gala_cidade_europea_do_vino.mp4{/flowplayer}