Expediente sancionador ós propietarios do baixo de Rodríguez Bautista

    expedientesancionadorribeira.jpgRIBEIRA> Ademais tomaranse medidas cautelares coa imposición de multas coercitivas para propiciar un cese de emisión dos vertidos.

    {flowplayer}barbanza/expedientesancionadorribeira.flv{/flowplayer}

    Cansos xa de agardar ás moratorias de varios dos propietarios do baixo co fin da busca dunha solución ó problema que vén derivando dende hai varios anos, o executivo ribeirés ten previsto abrir un expediente sancionador que irá acompañado dunha multa polos danos causados ata a data.

    Sanción grave ou moi grave 

    O propio Vicente Mariño aludiu a que coa lei da man os propietarios do baixo en cuestión enfróntanse a un caso de ilegalidade urbanística co agravante dun problema de insalubridade que podería derivar nunha sanción grave o moi grave con multas que poderían ir dende os 900 euros ata o millón setecentos mil euros.

    Redacción Barbanza