Os concertos volverán ás Festas do Albariño con 11 actuacións musicais

CAMBADOS> Os concerto regresarán ás Festas do Albariño con 11 actuacións repartidas en tres fins de semana. O concello reparte os concertos para cumprir coas normas sanitarias. A gran novidade é a celebración do festival Albariño no Camiño.

As festas do Albariño poderán contar este ano con actuación musicais. O concello de Cambados presenta un programa amplo con 11 concertos repartidos en tres fins de semana. Os días propios da festa, do 28 de xullo ao 1 de agosto, actuarán en Cambados Xaber Díaz e as Albufeiras do Salitre, Ángel Stanich, Novedades Carmiña e Peta Zeta. Unha oferta musical variada para todos os públicos.

O goberno local garda a sorpresa do concerto do día 1 que anunciará nas vindeiras datas. A fin de semana seguinte, do 6 ao 8 de agosto. Fefiñáns tamén acollerá as actuacións de orquestra a Oca, Mark Making trío e o concerto da banda de música de Castrelo. Pero a gran novidade é a celebración do festival Albariño no Camiño.

Os concertos celebraranse todos en Fefiñáns para cumprir coas normas sanitarias. É necesario inscrición previa e a capacidade estará limitada ás mil persoas. Tendo en conta a situación actual, as actuacións adiantaranse ás 20:30 para favorecer o traballo da hostalería.

A oferta do albariño complétase os propios días das festas con actividades e actuacións para os máis pequenos nos xardíns do Pazo de Torrado.