A nova lonxa de Vilanova estará lista para finais de maio

    fotolonxavilanovacopia.jpgVILANOVA> Así o dixo esta mañá o Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán no seu percorrido polas obras do que será o novo edificio.

    {flowplayer}images/salnes/ObrasLonxaVilanova.flv{/flowplayer}

    O departamento que dirixe José Juan Durán, ex edil vilanovés, está a investir máis de 700.000 euros nas obras de mellora desta lonxa. Un investimento que pretende mellorar as condición de traballo do sector do mar. A nova superficie, remodelada será de 757 metros cadrados.

    A falta de espazo dificulta o traballo producindo ademais retrasos nas ventas.

    José Juan Durán destacou a importancia desta obra que, segundo dixo, sitúa ó porto de Vilanova á cabeza dos das súas características e dimensións. Ademais anunciou tamén que dentro desta mesma actuación se levarán a cabo os traballos de saneamento desta parte do Porto.

    Outra das cuestións ás que quixeron facer referencia tanto o presidente como a patroa maior é ó aspecto turístico da nova infraestructura.

    E na súa visita a Vilanova aproveitou Durán para recordar que nestes momentos está aberto ó prazo para presentarse ó concurso para a instalación dun surtidor de combustible neste mesmo porto.

    Redacción Salnés