A tenda de lenzaría Sensualtissé acada o recoñecemento nacional na campaña de nadal coas súas clientas como modelos

MEAÑO> A tenda de lenzaría sensualtissé de Meaño consegue chegar a todo o país coa súa última campaña de nadal. O comercio creou un pase de modelos de roupa interior nos seus escaparates protagonizado polas súas clientas. Coa campaña sensualtissé quere mostrar a importancia de que todos os corpos leven a lanzaría da súa talla.

As clientas da tenda de lenzaría Sensualtissé de Meaño convertéronse nas modelos protagonistas da súa campaña de nadal. O pasado xoves durante toda a tarde, as clientas foron alternándose no escaparate para amosar as novas prendas do establecemento. A campaña resultou un éxito con repercusión en todo o país.

Dende a sensualtissé querían mostrar con esta campaña que a tenda conta con tallas para todos os corpos.

A importancia da campaña de Sensualtisé é que as clientas vistan coa lanzaría exacta da súa talla.

Precisamente esta é a clave do éxito do establecemento. Dispoñer de todo tipo de tallas para ofrecer as súas clientas a que lle corresponda.

As clientas, a pesar de non ser modelos profesionais, gozaron moito coa sesión.

A pesar da repercusión, a campaña aínda non tivo repercusión nas vendas de sensualtissé, pero dende o establecemento agardan que si se note durante as festas. Os seus produtos son un agasallo perfecto.