Portos tentará chegar a un acordo co armador do Alvor para o seu traslado

    BARCO_ALVORcopy.jpgCAMBADOS> O Patrón Maior asegurou que o atuneiro está causando bastantes problemas. De non chegar a un acordo, Portos pedirá unha orde xudicial.

    {flowplayer}images/salnes/QUEIXAS_BARCO_ALVOR.flv{/flowplayer}

    Fai case un ano o atuneiro Alvor atracaba no Porto de Tragove, en Cambados, cun permiso para tres meses. Daquela xa xerou malestar entres os mariñeiros pero a día de hoxe é maior debido ó tempo que transcorreu. Por iso, esta mañá O Patrón Maior xunto ó alcalde da localidade reuníronse co Presidente de Portos de Galicia para pedirlle unha solución.

    Ó parecer unha sentenza xudicial é o que impide que o barco se poida retirar pero desde Portos comprometéronse a tentar chegar a un acordo co armador da embarcación; senón solicitarán unha orde xudicial. E é que tal e coma informaba o Benito González, o atuneiro está a xerar bastantes problemas xa que ocupa un atraque de cincuenta metros.

    Ademais, trataron outros temas como a necesidade da construción dun dique e o dragado. Ó parecer vaise renunciar ó dique que estaba previsto e farase doutro xeito de maneira que permita crear amarres a ambos lados. Unha vez este feito farase o dragado. Cuestións moi necesarias, segundo Benito González, para este Porto.

    Esta previsto que o dique saia a licitación a comezos do vindeiro ano polo que agardan que en 2011 Tragove conte cun novo dique.

    Redacción Salnés