A Traslatio Xacobea acreditará a ruta marítima do Camiño

     O GROVE> O CN San Vicente acolleu a presentación do Diploma Traslatio Xacobea. Conmemórase a chegada por mar dos restos do Apóstolo Santiago a través da Ría de Arousa ata Padrón.

    {flowplayer}images/salnes/PtacDiplomaTraslatio_160513.flv{/flowplayer} 

    Numerosas autoridades déronse cita no Club Náutico de San Vicente onde se levou a cabo a presentación da Ruta da Traslatio, a ruta precursora do Camiño de Santiago. Foi a través da Ría de Arousa por onde entraron en Galicia os restos mortais do discípulo de Xesucristo no século I.

    Para obter este diploma acreditativo é mester contar cunha cartilla náutica, co selo dun dos dous puntos inicio, ben Ribeira ou O Grove, a de outros dous portos de paso adscritos á Fundación Ruta Xacobea e o selo final, que se obtén en Padrón.

    No acto de presentación participaron os alcaldes de O Grove, Padrón e a alcaldesa de Sanxenxo, así como o presidente do Club Náutico de San Vicente Ulises Bértolo. Tamén estiveron presentes a directora xeral de Turismo, Nava Castro e o presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán, que remarcaron a importancia de aunar esforzos en tempos de crise para vender máis e mellor a Galicia como destino turístico.

    Esta iniciativa que pretende atraer a milleiros de turistas tódolos anos. A falta dos últimos retoques, a Fundación asegura que a partir do 13 de xullo poderá comezar a obterse o diploma acreditativo da Traslatio Xacobea.

    Redacción Salnés