O BNG acusa á alcaldesa de destruír probas requiridas polo xuíz

bngmurosrecurso100.jpgMUROS> O BNG acusa á alcaldesa de obstaculizar o contencioso interposto pola voceira nacionalista pola súa expulsión durante o pleno de organización.

{flowplayer}barbanza/bngmurosrecurso.flv{/flowplayer}

Os feitos remóntanse ó pasado sete de xullo cando a alcaldesa expulsou á voceira nacionalista do pleno xusto antes de votar a proposta das retribucións do grupo de goberno. Daquela, María Xosé Afonso presentou un recurso contencioso administrativo contra o acordo adoptado posto que considera que a súa expulsión foi irregular, sen previo aviso e totalmente arbitraria.

Trabas

O procedemento xudicial segue o seu curso a pesar de que, segundo os nacionalistas, a rexedora está a tratar de obstaculizalo.

Se finalmente non se aportan as gravacións, o xuíz deberá basearse no resto das probas documentais como a declaración das testemuñas ou as actas plenarias, documentos que non recollen todo o acontecido durante a sesión senón tan só os acordos adoptados.

Unha vez rematado o proceso, no caso de que a sentenza sexa favorable á portavoz do BNG, o acordo sobre as retribucións quedaría sen efecto polo que os afectados debería devolver as cantidades xa percibida se levar a pleno unha nova proposta de organización.

Redacción Barbanza