![]()
POBRA> En total serán vintecinco plataneiros que virán a substituír ós vellos olmos que resultaron afectados por unha praga de fungos.
{flowplayer}barbanza/novasarboresxardin.flv{/flowplayer}
O edil de servizos, Andrés Millán, supervisaba esta mañá os traballos de reposición das árbores, fundamentalmente olmos, que resultaron afectadas pola praga de grafiose. No seu lugar, e despois de realizar o correspondente tratamento especial fitoparasitario, plantaranse plataneiros.
Sen custe
A actuación, que non suporá custe algún para as arcas municipais, xa que as árbores lle foron concedidas ó concello por parte da consellería de Medio Ambiente, completarase tamén co plantado de diversos magnolios e roseiras que lle darán un mellor aspecto á alameda.
Redacción Barbanza








