O marisco depurado en Aldán vendeuse a baixo prezo en Campelo

    POIO> Esta tarde chegaba á lonxa de Campelo a ameixa do interior da Ría de Pontevedra que levaba dúas semanas depurándose nunha batea en Aldán.

    {flowplayer}images/salnes/poio_poxa_marisco_zona_c.flv{/flowplayer}

    Trala súa extracción na zona C de Lourizán, e tras pasar este proceso, o bivalvo regreso a Poio con calidade A. A experiencia foi moi satisfactoria para o colectivo de mariscadoras de a pé que comprobaron na práctica a nova forma que teñen para explotar este areal, aínda que non se completase a depuración da Ría. A pega reside nos prezos; as reticencias dos compradores neste primeiro día, xunto o feito de que neste mes de xaneiro non se venden ben os productos do mar, fixeron que as cotizacións foran á baixa. A ameixa de clase extra vendeuse a un prezo medio de 18.95 euros, a fina A a 13.62 euros, a fina B a 9.49 euros, e a xaponesa a 4.41 a A e a 3.35 euros a B. Unhas cotizacións que responderon ós peores presaxios destas profesionais do mar.

    Desde a Confraría de Lourizán valoraron moi positivamente esta fórmula de saneamento do marisco que sufraga a Consellería do Medio Rural e do Mar e que a elas non lle supón máis traballo. Agardan a que en breve a venda deste producto sexa rendible para que así lle compense traballar estes areais, agora que fai case tres meses que non cobran axudas polos traballos de rexeración da ría. Desde Lourizán lamentan non contar cun centro propio de expedición co que poderían vender a un prezo máis xusto o mesmo producto, sacándolle así unha maior rendibilidade o seu traballo.

    Tralo éxito deste proceso de depuración, o vindeiro luns sairá outra remesa para esa mesma batea en Aldán. Pola contra, os datos publicados hoxe sobre este mesmo exercicio de depuración na ría de Ferrol arroxaron uns resultados nada satisfactorios.

    Redacción Salnés