Rianxo da a benvida ós nenos saharauís

    RIANXO> Todos os pais participantes na acollida, moitos visiblemente emocionados, recomendaron esta experiencia.

    Coincidindo co programa Vacacións en Paz 2014, catro nenos e catro nenas saharauís formarán parte de familias rianxeiras durante a temporada estival. Hoxe o consistorio celebrou un acto de benvida e o alcalde, Adolfo Muíños quixo resaltar a difícil situación que viven estes rapaces ó longo do ano. A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, agradeceu a implicación das familias participantes, comprometidas en mostrarlle a parte bonita da vida, ensinanzas, xogos e multitude de experiencias. nDe non existir estas acollidas, os nenos e nenas deberían sobrevivir a unhas temperaturas que rondan os 50 graos. Chama a atención a súa capacidade de sorpresa, xa que se mostran estrañados ante elementos ou cousas que para nos son cotiás. Algúns temen xa a despedida, pero quédanse con cantidade de bos momentos vividos e cun gran sabor de boca tras participar nesta acollida. Á hora de volver, os rapaces van cargados con alimentos, medicamentos, material escolar e xogos… contando o tempo que queda para pasar de novo un verán en Rianxo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí