Atropelada ás portas do seu garaxe por un descoido do marido

    atropelocambados.jpg CAMBADOS> Todo apunta a que o home, minusválido, puxo en marcha o vehículo cando este se precipitou marcha atrás atrapando á muller.

    Non se sabe se o acababa axudar a montar no coche ou a subir a cadeira de rodas. A cuestión é que a muller estaba xa na porta do garaxe cando o coche se lle veu enriba e a esmagou. Como consecuencia do impacto Manuela Hermida, de 66 anos, quedou atrapada entre a porta do garaxe e o vehículo, e aínda que nun primeiro momento se solicitou axuda do equipo de excarceración dos bombeiros do Salnés, finamente non foi precisa a súa intervención, xa que o persoal dun taller próximo ó domicilio acudiu ó auxilio da atropelada liberándoa.

    A muller foi trasladada ó hospital do Salnés e xa recibiu a alta médica. Presentaba dor torácica, lumbar e cervical así como cortes nas mans pola rotura de cristais. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Cilvil e Policía Local de Cambados, persoal médico do centro de saúde local e unha ambulancia.

    Tamén esta mañá tivemos noticia dun accidente laboral en Mosteiro, Meis, concretamente no lugar da Lomba. Alí un veciño do municipio de 44 anos, Albino Piñeiro, resultou ferido ó golpearlle no peito a árbore que estaba cortando. Foi trasladado ó centro de saúde de Mosteiro e dalí derivado ó hospital Montecelo de Pontevedra con posible rotura de costelas e esternón.

    Redacción Salnés