Denuncian irregularidades nas tarifas da Escola Infantil de Vilagarcía

VILAGARCIA> O BNG denuncia presuntas irregularidades na xestión da Escola Infantil Municipal de Vilagarcía. Os nacionalistas aseguran que por catro horas, ás familias se lles está cobrando como unha xornada completa. Ademais, din tamén que non se está a cumpri-lo horario, abrindo media hora máis tarde do que se contempla no documento que regula o seu funcionamento.

A xestión da Escola Infantil Municipal de Vilagarcía deixa moito que desexar. Así o entende o BNG, apoiándose nas denuncias dalgunhas familias, que aseguran que por catro horas de servizo están pagando como por unha xornada completa de oito.

A denuncia do BNG apóaise, por exemplo, no caso de Alberto.  Di que cada mes paga 80 euros de máis.

E nesa queixa, inclúe tamén outro dos problemas que presenta o centro: están a abrir media hora máis tarde do que se contempla no prego de condicións que regula o seu funcionamento.

Ante a situación que están a denunciar algunhas familias, O BNG quere saber agora cantas persoas se puideron ver afectadas nos últimos anos polos horarios e cobros incorrectos.

Tamén denuncian as contradicións que detectan, segundo din, na información que figura no prego de condicións e o que se reflicte na web do concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí