Recomendacións turísticas dos nenos para os nenos

O GROVE> O Grove contará cuns prescriptores moi especiais. Os alumnos do colexio Valle-Inclán traballan este curso nun novo proxecto: a elaboración dunha guía turística da súa vila dirixida a nenos. Nela recollerán os aspectos do concello que cren máis atractivos para este esixente público, mentres aprenden matemáticas ou inglés.

Os nenos do Grove converteranse nos mellores prescriptores do seu concello. Os alumnos do colexio Valle-Inclán están a elaborar unha guía turística da súa vila dirixida ao público que mellor coñecen: os nenos.

Os alumnos do centro analizan os recursos do Grove, buscan as súas fortalezas como destino turístico e buscan os contidos máis atractivos para engadir á súa guía.

O exercicio ten un importante traballo de fondo. E é que o seu obxectivo non é unicamente vender O Grove como destino turístico: fano mentres aprenden inglés ou matemáticas.

No centro están moi satisfeitos cos resultados deste tipo de proxectos transversais. Hoxe recibiron nocións de marketing turístico da man da edil, e profesora, Emma Torres.

O que ninguén dubida é que os pequenos ofrecerán unha visión, cando menos diferente, da súa vila.